Visita ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán

Lorizan16 800x500




O Colexio de Avogados organiza unha visita guiada ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán para o vindeiro día 22 de abril, saíndo do Colexio ás 10,30 horas. A visita está calculada para unhas dúas horas. Nesta andaina poderemos coñecer o patrimonio natural como é o xardín botánico, ou as diversas árbores que alí están; tamén veremos o patrimonio arquitectónico e cultural, como o invernadoiro, a Mesa de pedra, o Parque das rías e a Cova dos espellos, coa historia dun lugar de Pontevedra que todos debemos enxergar e coñecer. Velaí que as explicacións que nos dean serán benvidas para poder avaliar axeitadamente este Centro.

Trátase de que sexa unha xornada familiar, polo que se chanta aínda máis a invitación para os nenos que queiran ir; en todo caso, haberemos de apuntarnos antes do xoves día 20 ás 14,00 horas para saber o número exacto e poder comunicalo.