LXVI Paseo pola natureza “Pena Corneira”

PENA CORNEIRA

Percorrido:       O tramo do PR-G-76 dente Lebosende ata Pazos de Arenteiro

Data:                Sábado 14 de xullo de 2012

Saída:              Ás 9,00 horas dende o Colexio de Avogados.

Distancia:         6 quilómetros en sentido de baixada

Celebraremos o final de ano da actividade cun xantar no “Mesón O Curruncho” de Leiro; velaí que haberemos de confirmar a asistencia antes do día 12

A serra de Pena Corneira, entre as bacías dos ríos Avia e Miño, é o meirande monumento natural de Galicia pola súa extensión, sendo esta unha boa ocasión para visitala.  Iniciaremos o noso camiño en San Miguel de Lebosende e faremos o camiño en sentido de baixada, para facilitar o paseo, ata chegar a Pazos de Arenteiro, onde poderemos realizar un pequeno sendeiro preto do río.

Dende alí desprazarémonos ata o “Mesón O Curruncho”, onde poderemos tomar uns entremeses e polo caseiro, xunto con viño da zona e unha sobremesa.

No serán, se houber folgos e tempo poderemos visitar a fermosa e descoñecida igrexa de Santo Tomé de Serantes, e o seu bestiario medieval en pedra, así como o mosteiro de San Clodio.  Un dos fillos máis ilustres de San Clodio foi Eladio Rodríguez González, fundador da Real Academia Galega e a quen se lle adicou o Día das Letras Galegas o ano 2001.  No seu libro “Oracións campesiñas” aparece a “Cántiga da fame”, que se inicia deste xeito:

Arden no lar as carrouchas,
que en borralla as muxicas se desfán.
Colgado na gramalleira
ferve un pote co xantar:
unhas poucas de berzas e patacas
cocidas con unto e sal,
e unhas codechas resésigas
¡e gracias á Deus que as hai!
Os gorgolexos do caldo
soilo saben canturrear
a monótona cántiga da fame.
Soben hastr’o canizal
as faíscas. A lareira
parece mesmo un altar.”

Guía do paseo: Antonio Arias Rodríguez.-

Sobre el autor

Colegio AbogadosInformación publicada por el Ilustre Colegio Provincial de Abogados de Pontevedra.Ver todos los articulos por Colegio Abogados →

Dejar una respuesta

11 − 3 =