Curso de comunicación relacional: Modelo Bridge

Bridge 750x410




O Consello da Avogacía Galega, en colaboración cos Colexios de Avogados de Galicia e Bével Consultores, S.L., organiza unha nova actividade formativa sobre comunicación.

Nesta ocasión trátase do modelo Bridge, que ensina a identificar a nosa forma de relacionarnos, as súas características e as súas áreas de eficacia e ineficacia. Tamén permite descubrir a preferencia relacional dos demais, o que axuda enormemente a comunicarnos, xa que podemos adaptarnos ao outro para que a conversa sexa máis eficaz.

O curso terá unha duración de 4 horas presenciais, a desenvolver nunha única xornada formativa, que no caso do noso Colexio celebrarase o luns, 24 de abril, de 16.30 a 20.30 horas.

O prazo de preinscrición remata o 10 de abril. Dado que a realización da xornada depende de acadar un número mínimo de alumnos, rogoche que atendas ao prazo de preinscrición indicado, xa que aínda que recibamos solicitudes despois do 10 de abril, non aseguramos que se poida organizar o curso por cuestións loxísticas. Os interesados deberán enviar este formulario cuberto a redes@avogacia.gal. Entre os días 11 e 12 de abril confirmarase a inscrición para a formalización da matrícula.

Podes atopar máis información sobre o curso (metodoloxía, forma de inscrición e matrícula, prezo do curso, etc.) na web do Consello.

Para resolver calquera dúbida podes dirixirte ao enderezo electrónico redes@avogacia.gal ou no teléfono 981 121 893.